|
Visita a Ahaus (Alemaña) dos participantes no Comenius "L'entreprise responsable en Europe" |
|
O sábado 12 de maio regresaron a Lugo da súa estadía en Ahaus, Alemaña, 10 alumnos e alumnas de 1º de Bac de Economía, e dous profesores que participan nun proxecto Comenius.
O proxecto Comenius "L'entreprise responsable en Europe", integrado por centros de Alemaña, Francia, Bulgaria e España, ter como obxectivo determinar cales deben ser as características dunha empresa responsable ideal según os alumnos de secundaria europeos.
|
|
Ler máis...
|
|
Listados de admitidos e non admitidos para o curso 2012-13 |
|
1º ESO: Non admitidos - admitidos
2º ESO: Non admitidos
3º ESO: admitidas todas as solicitudes presentadas dentro de plazo
4º ESO: Non admitidos - admitidos
1º Bac: Non admitidos - admitidos
2º Bac: Non admitidos |
|
Axudas para participar no Programa de Inmersión Lingüística de colonias de verán en ingles para alumnado de 1º ESO |
|
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca axudas para participar no Programa de Inmersión Lingüística en colonias de verán en inglés para 2012. O programa vai dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º de ESO.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 25 de abril.
Toda a información na web do Ministerio |
|
O noso centro é pioneiro na introducción da reanimación cardiopulmonar na escola |
|
Grazas a iniciativa e o traballo de Eduardo Pérez Romero, profesor de educación física no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, o noso centro é pioneiro na ensinanza aos alumnos e alumnas de secundaria das maniobras para a reanimación cardiopulmonar (RCP) a través do programa rcp na aula.
Mediante este programa mais de 60 profes de educación física da provincia de Lugo imparten unha unidade de reanimación cardiopulmonar aos seus alumnos. A activiade realizase en colaboración coa Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061, que forma ao profesorado e lle capacita para estas ensinanzas, dá o título aos alumnos e cede o material (bonecos e simuladores de desfibrilación).
|
|
Ler máis...
|
|
VII Concurso Literario - IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 2012 |
|
O Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do instituto organiza VII edición do Concurso Literario co gallo do Día das Letras Galegas adicado este ano ao escritor Valentín Paz Andrade.
Bases do concurso
|
|
Ler máis...
|
|
Admisión do alumnado para o curso 2012-13 |
|
Do 1 de marzo ao 10 de abril está aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión do alumnado para o curso 2012-13, tanto para ESO como para o Bac.
Impreso de solicitude
Orde da Consellería de Educación que regula o proceso de admisión
Instrución da Dirección Xeral de Centros sobre o proceso de admisión do alumnado para o curso 2012-13
Mapa zona de influencia - ESO //// Mapa zona de influencia - Bac
Nota: os mapas teñen carácter orientativo. En caso de dúbida, o documento válido é o listado oficial de rúas da zona de influencia.
Mais información na secretaría do centro: 982 220698 (de 9:00 a 14:00) |
|
Os suecos xa están connosco |
Un ano mais os alumnos e alumnas do Tibble Gymnasium de Täby, Suecia, están en Lugo.
Veñen en dous grupos pertencentes a dous programas distintos.
|
|
Ler máis...
|
|
Presentación do libro "Itinerarios Históricos Artísticos" |
|
O sábado, 21 de xaneiro, presentouse no salón de actos do instituto o libro "Polos camiños da cultura. Itinerarios histórico artísticos" escrito polos profesores de historia do centro José Luis Novo Cazón e Javier Gómez Vila.
No libro recóllense as visitas e as viaxes realizadas no curso 2010-11 dentro da actividade complementaria "Itinerarios histórico artísticos" na que participan os alumnos e alumnas das materias Historia da Arte e Xeografía e Historia de Galicia.
A edición do libro correu a cargo do Deputación de Lugo, grazas a impulso do que o ano pasado foi o seu Vicepresidente primeiro Antón Bao.
Podes ver as crónicas dos itinerarios que se realizaron neste enlace.
|
|
Ler máis...
|
|
Convocatoria de probas de acceso ao ciclo formativo superior - 2012 |
|
No DOGA do 19 de xaneiro de 2012 publicouse a convocatoria as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior.
O prazo para a inscrición a proba do grao superior é do 23 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2012.
Mais información na convocatoria do DOGA ou nas oficinas do centro Tlf.: 982220698.
Neste centro impartese o ciclo superior de Técnico en Animación de Actividades Físicas e Deportivas.
No portal da Consellería de Educación sobre Formación Profesional podes informarte sobre outros estudos de formación profesional. |
|
Sara Abuín Rodríguez gañadora do XVII Concurso de relato curto Trapero Pardo |
|
Sara Abuín Rodríguez, de 4º ESO, foi a gañadora na categoría de 12 a 14 años da XVII edición do premio de relato curto "Trapero Pardo" que organiza a Concellería de Educación do Concello de Lugo coa obra Quello che si pensava impossibile (O que criches imposible).
O día 22 de decembro tivo lugar a entrega de premios no salón de plenos do Concello. O acto estivo presidido polo Sr. Alcade de Lugo. Máis información
Noraboa á gañadora!!! |
|
|
|
|
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 Próximo > Fin >>
|
|
Página 1 de 6 |