Skip to Content

Orientación

Departamento de Orientación. Curso 23-24

A composición do departamento de orientación do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes durante o curso 2023-2024 é a seguinte:

  • Pérez Castiñeira, Montserrat (xefa de departamento)
  • Alonso Fernández Shaila (Orientadora)
  • Liz Rodríguez, María Montserrat (pedagoxía terapeútica)
  • López Álvarez, Iago (pedagoxía terapéutica)
  • Sánchez Fernández, Sonia (pedagoxía terapéutica)
  • Trigo Rodríguez, Laura (pedagoxía terapéutica)

Blog do departamento de Orientación.

Charla sobre violencia de xénero

Alumnado de 4º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes asistiu a unha charla sobre violencia de xénero.

Trátase de reforzar e ampliar os valores igualitarios entre homes e mulleres e desenvolver a educación afectiva como base para loitar contra a violencia de xénero.

Violencia de xénero e o novo contexto dixital

Alumnado de 1º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes participou na charla sobre violencia de xénero e o novo contexto dixital 

 

A poñente, June Pereiro, explicou como identificar condutas violentas dentro da parella relacionadas co emprego de dispositivos móbiles e redes sociais, xa que en moitos casos trátase do primeiro paso cara relacions non igualitarias.

Charla do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos

O alumnado de 3º ESO, grazas a colaboracion da policia nacional,  tivo a sorte de recibir unha charla sobre adicions.

Descubriron cales son as novas adicions, e como avanzan entre a poboacion da sua idade. A sua prevencion e recoñecemento e moi importante a fin de reducir os riscos asociados a estas.

Charlas Violencia de Xénero

Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes está participando nun ciclo de charlas sobre a violencia de xénero.

O obxectivo destas charlas é sensibilizar ao alumnado ante a violencia de xénero, recoñecer como se inicia, que non solo consiste en maltrato físico senón tamén en violencia psicolóxica. En definitiva, trátase de concienciar e rechazar este tipo de violencia.

Xogos tradicionais

Nesta semana recibimos a visita de Gabriel Arias, Titulado Superior en Animación Sociocultural e estudande do Grao en Educación Social. O alumnado de segundo de ESO puido aprender e desfrutar xogando.
Grazas Gabriel!
 
 
 

Benvida aos novos alumnos

Celebramos o acto de acollida do alumnado que se incorpora para o próximo curso.

Benvidos!!

Visita á mostra "A USC Camiña"

Alumnado de 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou a mostra "A USC Camiña"

      

Con esta mostra a USC pretende dar a coñecer ó alumnado de ensino non universitario a Universidade de Santiago de Compostela. Consiste nun percorrido polas titulacións de grao, mestrado, doctorado, a investigación e os diferentes servizos relacionados coa vida universitaria.

Charla: Coñece a Universidade

Alumnado de 2º de Bacharelato aisitiu á Charla impartida por Francisco R. Lestegás sobre a USC.

Francisco R. Lestegás é profesor da USC, departamento de Didácticas Aplicadas e falou sobre a Universidade, as titulacións, os servizos que oferta, etc.

Esta charla foi programada polo Departamento de Orientación.

 

Charla ao alumnado de 4º ESO

Información básica para o alumnado de 4º ESO sobre as opcións que ten ao rematar o curso

Distribuir contido


by Dr. Radut